30/05/2011

     

    

Excursión a Portugal

Reportaxe: Asociación Veciños de Amorín

  

A Asociación Veciños de Amorín, realizan unha viaxe cultural a Portugal

 

O sábado, 21 de maio, a Asociación Veciños de Amorín, organizou unha viaxe cultural ao país veciño. Saímos de Amorín ás 8 da mañá cara a Ponte de Lima. Alí, o guía que acompañaba ao grupo, explicou a historia de Décimo Xunio Bruto e os seus soldados, parados ante o río Lethes, dende a ponte romana e medieval. Fomos paseando polas diferentes rúas e partes da cidade vella, encontrando igrexas góticas, fontes, casas brasonadas, ata parar diante dun café.

Subindo no autobús, saímos cara a Dume, onde visitamos o núcleo museoloxico composto pola igrexa sueva, o balneario e a domus, que está en fase de preparación, de mans da historiadora local. Admiramos o dito túmulo de San Martiño, que desenvolveu a súa obra na Gallaecia do século VI.

Xa en Braga, visitamos o balneario preromano, na cave da estación, e subimos as termas romanas do Alto da Cividade.

Dando un paseo por Braga, chegamos diante da Sé e tras visitar o claustro e as diversas dependencias, fomos xantar un bo bacallau á maneira de Braga.Tras o xantar, continuamos visitando os múltiples edificios barrocos da cidade.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Movemento

M-15"

Indignados"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com