|
|
Traballadores do mar
fórmanse no DEA
ORPAGU e o Grupo San
Benito organizan un curso de Diario Electrónico de a Bordo (DEA)
A Organización de
Palangreiros da Guarda (ORPAGU), foi beneficiaria das subvencións para cursos de
formación continua da Consellería de Traballo, que se imparten nestes momentos
polo Grupo San Benito.
A acción formativa, na que
participan dez traballadores do mar, leva por título Diario Electrónico de a
Bordo (DEA), e ten unha duración de 20 horas.
Trátase, explican desde o
Grupo San Benito, dunha ferramenta que facilita que os buques comuniquen
diariamente as súas capturas á Secretaría Xeral de Pesca, sendo unha tramitación
obrigatoria para todos os buques, a partir do 01/01/2011, teñan ou non 24 metros
de eslora.
ORPAGU e o Grupo San Benito
levan organizados xa preto da vintena de cursos do DEA sendo precursores neste
tipo de formación tan específica.
Onte, a xerente de ORPAGU,
Juana Parada Guinaldo, visitou as instalacións nas que os dez alumnos se forman
no DEA, e animounos a sacar rendemento desta oportunidade que se lles brinda e
que redunda no propio sector pesqueiro e os seus traballadores.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
O Nadal no
Colexio S. José-HH. Carmelitas
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|