Unhas 230 persoas
congregáronse nos inicios do Festival de Nadal do Conservatorio Elemental de
Música da Guarda, celebrado no Centro Cultural o pasado 15 de decembro.
Como xa é tradicional foron os propios alumnos
deste centro os que presentaron o Festival e deron paso aos seus compañeiros
na correspondente quenda de
actuacións, que principiou cos alumnos de Preparatorio, para seguir con
Educación Auditiva e Vogal, Guitarra Clásica, Guitarra Eléctrica, pasando
por Violín, Piano, Vento Madeira e Vento Metal e rematar con Gaita Galega.
No variado repertorio houbo desde
interpretacións de composicións clásicas, pasando pola música tradicional e
popular, e, como non podía ser doutro modo nestas datas, polos villancicos.
Rematado o Festival a ANPA sorteou distintas ceestas d eprodutos diversos
entre os asistentes que mercaron rifas a cambio dun donativo de un euro.
O concelleiro de Educación, Antonio
Lomba, agradeceu a presenza do público neste acto, así como o labor dos
profesores e dos alumnos do Conservatorio polo esforzo realizado, un ano
máis, e do que deixaron fermosa mostra neste Festival de Nadal.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
