28/03/2011

     

    

Día Mundial doTeatro na Guarda

  

Unhas cento corenta persoas celebraron no Centro Cultural da Guarda o Día Mundial do Teatro

 

            O pasado sábado, 26 de marzo, o Centro Cultural da Guarda acolleu un “adianto” das obras que os alumnos da Escola Municipal de Teatro están a ensaiar e que serviron para conmemorar o Día Mundial do Teatro que se celebraba o día seguinte, domingo.

            Arredor de 140 persoas acudiron ao salón de actos para ver aos “actores” máis cativos e aos alumnos do grupo de maiores que, polos aplausos que lles dedicaron, parece que non defraudaron na posta en escena.

            Antes, Álex Sobrino, profesor de teatro e membro de Xerpo Cultural que promove esta iniciativa na Guarda, agradeceu ao público a súa presenza e explicou a dinámica que se segue nas clases, e que se resume nos primeiros meses con “moita interpretación, e pouco efectismo”.

            Noutro momento referiuse ao obradoiro de caracterización que se levou a cabo co gallo do entroido, proxectándose secuencias e imaxes do desenvolvemento do taller que, dixo, “resultou impresionante”. E avanzou Álex Sobrino que a Escola Municipal de Teatro prepara xa algunhas sorpresas para final de curso.

            Finalmente agradeceu ao concello que confiase en Xerpo Cultural para sacar adiante a Escola Municipal de Teatro.

            Pola súa banda o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba Baz, valorou o traballo que se realiza na Escola Municipal de Teatro por parte dos alumnos e profesores. Aínda que esta iniciativa supón un esforzo grande para o concello, vaise seguir apostando por ela en tanto haxa demanda de teatro na Guarda e sempre na medida da disponibilidade municipal.

            Tralas intervencións de Álex Sobrino e Antonio Lomba, saíron en primeiro lugar ao escenario os alumnos máis pequenos para facelo a continuación o grupo de adultos, intercalándose, entre os diferentes fragmentos de obras que se representaban a lectura do Manifesto do Teatro por parte dos mesmos actores.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Encontro de

escolares do

CEIP nº 2 e Valença

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com