|
|
Noite Internacional do Miño (Tui)
Arxelia,
Bolivia, Brasil, Chile e Georgia presentes na Noite Internacional do Miño

Bolivia
A Noite
Internacional do Miño celebra o próximo martes, 26 de xullo, a súa décimo
segunda edición. A partir das nove e media da noite, no Parque do Laxal, en
Rebordáns poderase disfrutar dunha mostra do folclore de Arxelia, Bolivia,
Brasil, Chile e Georgia. Esta actividade está organizada pola Escola de
Baile e Gaitas “San Fins” de Rebordáns, contando coa colaboración da
Concellería de Cultura de Tui.

Georgia
Dende Arxelia
chega o grupo “El Ahlem” creado en 1997, que dende entón ten actuado xa en
Túnez, Marrocos, Rusia ou Turquía, facéndoo agora por primeira vez en
España. Nos seus bailes tradicionais están acompañados por instrumentos coma
o bendir, o tam, o flute, ou o karkabou. Nesta edición da Noite o folclore
de Georgia estará representado polo grupo “Sikharuli” fundado por Tengiz
Sukhashvili en 1971. Está considerado un dos grupos folclórico máis antigos
do país e no seu repertorio reúne bailes tradicionais de todas as rexións
aunando historia, tradición cultura e o espírito da xente xeorxiana. Entre
as súas actuación destacan a realizada na toma de posesión do presidente de
Georgia, pero tamén teñen estado na antiga URSS, en Cuba, Romanía, e
Portugal.

Chile
Dende o
continente americano son tres os grupos que participan este ano neste
festival. Dende Bolivia estará presente o Ballet Folklórico de la Paz. É
unha institución privada fundada en 2006 cuxos obxectivos son a
investigación, ensinanza e posta en escena de danzas tradicionais
bolivianas. Mentres dende o Brasil chega Tradiçoes Gáuchas Lalau Miranda
cuxas orixes se remontan ao ano 1952. Persegue difundir as tradicións da
Pampa Río Grandense. Por último participará dende Chile o Ballet Folklórico
de Temuco creado en 1992. Do mesmo destaca o seu vestiario e instrumentos,
así coma a xuventude dos seus membros.

Brasil
|
|
Presentación III Mostra Tradicións Mariñeiras
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|