01/12/2011

     

    

Univ. de Minho gaña os Xogos Galaico Durienses

Reportaxe: Beti Rey

   

 

A Universidade de Minho gañadora dos Xogos Galaico durienses en Tui

 

A Universidade de Minho de Portugal foi a gañadora dos XXV Xogos Galaico Durienses que se celebraron en Tui. Preto de 200 persoas de seis universidades, tres portuguesas, as de Minho, Porto e Tras os Montes, e tres galegas, Vigo, A Coruña e Santiago, participaron nestes xogos competindo por equipo en baloncesto e fútbol sala.

A clausura tivo lugar este mediodía, con case unha hora de retraso, tras disputarse as finais de fútbol sala onde  a Universidade de Minho se impuxo 3 a 2 a da Coruña, e de Porto venceu con rotundidade á de Tras Os Montes en Baloncesto.   A clasificación final – resultado de sumar os puntos obtidos nos dous deportes, estivo comandada pola Universidade de Minho seguida da de Tras Os Montes en segundo lugar e terceira foi a de Porto. Mentres as galegas da Coruña, Santiago e Vigo, ocuparon o cuarto, quinto e sexto posto respectivamente.

Os trofeos foron entregados polo secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o adxunto do secretario de Estado de Deportes de Portugal,  André Pardal, o vereador de Deportes de Valença, José Monte, o rector da Universidade do Minho e presidente do CER, Antonio Cunha, xunto aos delegados de deportes das universidades da Coruña, Vigo, Santiago, e Tras os Montes.

Na quenda de intervencións o rector da Universidade do Minho lanzaba un desafío ás autoridades de Tui e Valença, como Eurocidade, para converterse en sede destes xogos. Mentres o adxunto ao secretario de Estado de Deporte, envía unha mensaxe de esperanza aos xoves nestes momentos de dificultades, e aludía a importancia da cooperación transfronteriza. Por último o secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, apuntaba que “o deporte é un dos instrumentos importantes de cohesión social” así como “fomentar e racionalar os equipamentos básicos”  apuntando que “hai que facer esforzos para optimizar recursos”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

A Banda de Música de Mougás homenxea a Alsirio Fernández

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com