|
|
Exposición "Elas Fan Camiño"
Reportaxe
Juan Ramón/concello do Rosal

Inaugurada no
Rosal a exposición “Elas fan camiño”
O pasado
sábado, 30 de abril, tivo lugar no Salón de Exposicións municipal a
inauguración da mostra “Elas Fan Camiño”, que estará aberta ao público ata o
martes 10 de maio, todos os días de 11 a 14 horas.
A este acto
inaugural asistiron –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández
Portela, a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso, así
como José Luis Gómez Martínez, edil de Tráfico; Mabel Franco Pérez,
concelleira de Educación, e Pablo Flores Díaz, concelleiro de Xuventude.
Segundo
afirmaba Mª Carmen Alonso, responsable e artífice de que esta exposición
estea no Rosal, “quérese lembrar a todas aquelas mulleres que tiveron e
teñen algo que ver co Camiño de Santiago”.
Os títulos
dos distintos paneis que conforman esta mostra son Exeria, a primeira
peregrina galega coñecida; Esplendor no Camiño; Raíñas e Santas; As
protectoras do Camiño; Hospitaleiras; Elas marcaron camiños; Josefina
Roselló e María Dolores Vilar, dúas peregrinas de Castellón; María del
Carmen Prego: unha vida dedicada á peregrinación; Rosa Mª Pérez Testa: o
valor dunha hostaleira; Aleksandra Issakova. Axudarlles aos demais non
entende de fronteiras; María Dolores Faraldo Botana: promotora do Camiño;
Rosa Vázquez Santos: investigadora e protectora dos valores históricos
xacobeos, e Emma Gutiérrez Castro. As súas palabras revelan os misterios do
Camiño.







|
|
Inauguración da V Mostra de Teatro do Miño
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|