06/06/2011

     

    

Escola Municipal de Teatro-Adultos

   

O público respondeu coa súa presenza na representación de “O pensamento da lamprea”

 

            Os actores adultos da Escola Municipal de Teatro da Guarda representaron o sábado, 4 de outubro de 2011 a obra “O pensamento da lamprea”, unha serie de historias curtas que falan por si mesmas, como e o autor pensase nunha feble memoria a curto prazo á hora de escribir o “Cabaré Pánico”, orixinal de A. Jodorowsky no que se baseou esta posta en escena.

Sipnose

            O único nexo de todas estas escenas é a viaxe que xuntas ofrecen a través da filosofía e o pensamento, unha viaxe que se quixo ‘evidenciar’ facendo que fose algo menos metafórica e que non se sabe onde rematará.

            No cadro de actores estiveron Anselmo Martínez, Mónica Castro, Luz Pérez, Nagore Lluvia, Ofelia Carrero, Carmiña Álvarez, Benito Guerreiro, Teresa Álvarez, Vanessa Lomba, Rosa Mª Otero e María Asunción Martínez.

            A proposta vén de Xerpo Cultural e o concello da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

"Os catro mozos". Escola Municipal Teatro-A Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com