06/06/2011

     

    

Escola Municipal de Teatro-Infantil

   

Representación de “Os catro mozos” pola Escola Municipal de Teatro, sección infantil

 

O Centro Cultural da Guarda acolleu, o sábado, 4 de xuño, a representación da obra infantil “Os catro mozos”, programada pola Escola Municipal de Teatro e Xerpo Cultural.

Sobre o escenario estiveron os actores máis novos da Escola: Isolda (como Trasna), Amaia, Claudia, Marcos e Yamila (os mozos), Noa (alcaldesa), Fernanda (notario), e Andrea (viaxeira).

“Os catro mozos” é unha adaptación dun conto fantástico de Fianni Rodari que fala da mentira e da intelixencia de xeito divertido e entretido.

Sipnose

            Catro rateiros de barrio dunha vila calquera tratan de engatusar a unha viaxeira que pasa pola súa zona. Argallando roubarlle a roupa deciden facelo do mellor xeito que saben... contando historias incribles.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Homenaxe

Aida Lomba Márquez

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com