25/04/2011

     

    

Procesión do Santo Enterro (A Guarda)

    

 

O Venres Santo, ás 20.30 horas, saíu á rúa a Procesión do Santo Enterro, a única das que a climatoloxía deu a posibilidade de organizar xa que houberon de ser suspendidos todos os demais actos da Semana Santa previstos no exterior, entre eles as procesións dos Pasos, do Encontro e da Soedade.

            Centos de persoas ocuparon as beirarrúas acollendo o maior número de espectadores as inmediacións da igrexa conventual de San Bieito, sobre todo as “escaleiras do Convento”, polas posibilidades que ofrece como graderío.

            Un ano máis Toñi Vaquero cantou, neste lugar ao Cristo Crucificado. Foi aquí tamén onde os cofrades elevaron, nunha primeira ocasión que se repetiría na rúas Joaquín Alonso e Galicia, ao Cristo da Boa Esperanza e a o Palio coa Cruz por riba das súas cabezas, mentres redoblaban os tambores.

            A Procesión do Santo Enterro seguiu o itinerario acostumado polas rúas Méndez Núñez, primeiro tramo Oliva, Hernán Cortés (Rúa do Medio), Concepción Arenal, Brasilino Álvarez, últimos metros de Joaquín Alonso (Praza Nova), Vicente Sobrino, Rúa Galicia, José Mª Andreini, e remate na igrexa de Santa María.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Desenclavo na parroquial de Santa María

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com