06/01/2011

     

    

Concerto do grupo vogal Escoiten

   

Magnífico concerto do Grupo “Escoiten” na igrexa conventual de San Bieito

 

            A igrexa conventual de San Bieito foi o escenario, o pasado lunes, 3 de xaneiro, do concerto que o grupo “Escoiten” ofreceu neste recinto cunha asistencia moderada de público.

            Esta formación, que fixo a súa entrada co “Corde natus ex Parentis”, fundouse en 2009 e está integrada ademais de polas guardesas Carmen María Cividanes (soprano) e Fabiola Vicente (contralto), por Julia Cea Cabanelas, Rocío Fernández, Iván Vale Fraga, José Mª Jiménez, Paulo Gracio e Gonzalo Castro.

            O grupo “Escoiten” desprázase, para os seus ensaios, alí onde residen os seus compoñentes: Viveiro, Teo, A Coruña, Pantón e A Guarda.

            Presentáronse ao público no templo románico de Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra lucense, e posteriormente na igrexa da Visitación de Santa María, en Camposancos (A Guarda). En 2010 o grupo visita o convento de Nais Agustinas de Artziniega (Álava) e a igrexa de San Francisco Javier da Coruña. O seu director é o profesor Plácido Travieso, natural de Covas-Viveiro.

            O acto foi presentado polo concelleiro de Cultura, Antonio Lomba.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Chapuzón

da Peña

Cemento

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com