26/03/2011

     

    

Irmanamento Tui-Valença

Informa Beatriz González

 

Experiencia enriquecedora o encontro entre escolares tudenses e valencianos na cidade de Valença

Onte levouse a cabo un encontro escolar entre o CEIP nº 2, de Tui, e a Escola de Primaria de Valença, sendo o segundo que se realiza trala experiencia positiva de hai un ano.

Nesta ocasión o escenario do encontro foi a cidade de Valença, e os escolares participaron de distintas actividades desenvolvidas na biblioteca como a visualización de videos, bibliopapers e contacontos, entre outras alternativas.

Como remate final organizouse un acto conmemorativo centrado na muller trapicheira coa lectura de poemas e cancións así como unha solta de pombas.

Neste encontro hai que sublimar a presenza dos equipos docentes do CEIPnº 2 de Tui e da Escola Primaria de Valença, así como os representantes en Galicia de Educacións sen fronteiras e tamén da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de  Galicia.

         Os profesionais do ensino de émbolos dous centros consideraron unha experiencia enrriquecedora para nenos e mestres esta iniciativa que esperan continuar nos vindeiros cursos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Presentación da candidatura do PP no Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com