07/10/2011

     

    

Escolas Deportivas Municipais (Tui)

Reportaxe: Beti Rey

 

Presentación das Escolas Deportivas Municipais en Tui

O novo pavillón de deportes de Tui acolleu na tarde do mércores a presentación das escolas deportivas da Deputación que este curso se van impartir en Tui. Son concretamente as de patinaxe, balonmán e fútbol.

O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o deputado Pablo Baquero, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, un representante da Federación Galega de Patinaxe e do Club Balonmán Tui así coma os monitores destas actividades.

O edil de Deportes agradeceu á Deputación o esforzo feito para que en Tui se poida contar con estas tres escolas, e agarda que o próximo ano se poidan sumar outra de deportes que comezan na cidade coma o tenis, o xadrez e o atletismo.  Convidou ao nenos a aproveitar estas actividades sobre todo no caso de patinaxe onde pese a haber 40 prazas máis que o ano pasado houbo nenos que quedaron fóra. Precisamente a gran aceptación que o patinaxe ten na cidade referiase Nicolás Lorenzo, ao tempo que facía unha invitación aos pais e nais a formar un club deste deporte, no que terán o apoio do Concello.

O deputado Pablo Baquero expuxo que é un orgullo para a Deputación que esta escola teña incrementado o número de participantes superando os 450 nenos e nenas, o que dicía, é un éxito, que quixo transmitir tanto ao concello coma ao Tyde, coma ao club de balonmán e a Federación de Patinaxe.  Tras cinco anos coas escolas deportivas Pablo Baquero afirmaba que dende a institución provincial seguirán apostando polo deporte base, ao tempo que animaba ao concello a que siga implicado no deporte, para o que terá a colaboración da Deputación.

Por último alcalde, Moisés Rodríguez, agradeceu a participación tan importante lograda na cidade, destacando a importancia de que os nenos se poidan iniciar na práctica de distintos deportes, e máis adiante decantarse por un deles. Salientaba tamén que para o Concello o deporte é importante, apuntando que neste senso o municipio conta con magníficas instalacións que hai que coidar e respectar segundo sinalaba.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación

da U.D. Ribera,

do Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com