24/11/2011

     

    

Un bosque autóctono para a eurorrexión Tui-Valença

Reportaxe: Beti Rey

   

Antes do remate do ano Tui e Valença serán Eurocidade, de forma previa creouse o primeiro bosque autóctono da Eurorexión

Antes de que remate este ano a Eurocidade Tui-Valença será unha realidade. A corporación municipal de Tui aprobou xa convenio que creará esta figura transfronteiriza e o mesmo fixo o executivo valenciano, aínda que o mandatario de Valença aposta por levar o texto tamén ao pleno valenciando para así ter un refrendo total.

Este convenio de Eurocidade virá plasmar unha realidade que xa existe entre os dous municipios cunha colaboración que se ten incrementado notablemente nos últimos meses.

Precisamente no marco dese traballo conxunto sitúase a creación do primeiro bosque autóctono da Eurorexión Galicia Norte de Portugal, que tivo lugar esta mañá á unha e outra beira do Miño.

Así o confirmaba o presidente da Cámara de Valença do Miño, Jorge Salgueiro, quen incidía tamén no simbolismo da prantación desta árbores por parte de 100 cativos dos dous municipios.

Do mesmo  xeito que se plantan as árbores e enraízan, tamén o fan Tui e Valença como Eurocidade, indicando que teñen a vontade de ratificar o convenio antes de que remate o ano.

Jesús Gamallo, director de Relacións exteriores e coa Unión Europea, indicaba que Tui e Valença son unha Eurocidade Natural, xa que veñen traballando de xeito conxunto dende hai tempo.

Abondaba Jesús Gamallo que as Eurocidade coma tal poden presentar proxectos conxuntos a Bruxelas co que obter fondos europeos. Isto é unha das vantaxes desta Eurocidade, xunto aos servizos compartidos que ofrecerán os dous municipios aos eurocidadáns.

A creación deste Bosque Autóctono da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal está promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Foi presentado oficialmente esta mañá na antiga alfándega de Valença coa presenza do alcalde de Tui, o presidente da Cámara de Valença, o director de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, a directora da GNP-AECT, o director rexional das Florestas de Portugal, a vicepresidenta da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, e o director Xeral de Conservación da Xunta de Galicia.

Nese acto institucional o alcalde de Tui salientou que “este bosque da Eurorrexións está chamado a ser testemuña do traballo conxunto e das iniciativas dos dous municipios”. No mesmo senso pronunciouse tamén o presidente da Cámara de Valença.

Unha vez rematado o acto tanto as autoridades coma os escolares de co CEIP de Rebordáns, e dos colexios de Valença dirixíronse en primeiro lugar ata a beira do Miño portuguesa para comezar alí a plantación de freixos, bétulas e amieiros.  Posteriormente xa na ribeira tudense, a continuación do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo, foron plantadas as mesmas especies, recibindo os cativos as indicación de cómo tiñan que realizar a plantación. En Tui estaban sinaladas as ringleiras con carteis para facilitar aos nenos a localización, posteriormente, das árbores que plantaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación de Burlesque, del Ballet Studio 88

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com