|
|
Exposicións na Feira do Viño do Rosal
Entre os
distintos actos que deron contido á Feira do Viño do Rosal, na edición de
2011, organizáronse por parte da iniciativa privada,
coa colaboración do concello, distintas exposicións
que tiveron como marco a Sala de Exposicións Municipal
e a antiga Cámara Agraria.
No primeiro
dos recintos presentou as súas obras o colectivo “Médicos artistas plásticos
de Galicia”, constituído por corenta profesionais da
medicina pertencentes a distintas especialidades e a diferentes centros da
Comunidade Autónoma, que ofreceron aos visitantes as súas creacións en forma
de pintura, escultura en pedra, fotografía, forxa, cerámica e gravado.
No fodo do
salón, e acadando a maioría de idade, o Grupo Filatélico e Numismático Val
do Rosal, presidido por Alfonso Dorado Senra, presentou a XVIII Exposición
Filatélica, na que ademais había moedas e billetes de lotería. Como en
edicións anteriores da Feira do Viño, o Grupo Filatélico
do Rosal editou un sobre e tarxetas, e realizou un cuño conmemorativo que se
estampou na correspondencia saída do Rosal durante as xornadas que durou a
Feira.
Na Cámara
Agraria, Leandro Alonso presentou as súas pezas de cerámica de deseño e
fabricación propias.
Susi Vanbeck
levou as súas curiosas obras de apliqué, inspiradas na obra de Picasso e na
arte africana.
E a
Agrupación Musical do Rosal, cunha mostra retrospectiva, lembrou os 25 anos
de vida desta formación. Instrumentos musicais, fotografías, recortes de
prensa, recordos e premios, traxes e outras curiosidades, serviron para dar
contido a esta exposición ambientada na música.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Inauguración
da Feira do Viño
do Rosal
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|