|
|
Feira do Viño do Rosal: presentación
Presentación no Rosal a XIX Feira do Viño que se celebrará do 15 ao 17 de xullo
A Casa Rural Abadía Eiras
Restaurante acolleu, o 1 de xullo, a presentación da XIX Feira do Viño que
se celebrará no Rosal do 15 ao 17 de xullo.
Presidida polo alcalde,
Jesús Fernández Portela, acompañado na mesa por Gumersindo Alonso Gestoso,
presidente da Cámara de Comercio de Tui; Ramón Burdeos Quintana, téccnico da
Ruta do Viño Rías Baixas; Clara Pousa Ortega, técnica da Oficina Agraria
Comarcal, e as concelleiras Charo Tabales Perozo e Ánxeles Vicente Manzano,
o rexedor local deu a benvida aos presentes, adegueiros e medios de
comunicación, agradecendo que arroupasen este acto.
Gumersindo Alonso Gestoso,
que recordou que leva un ano á fronte da Cámara de Comercio, asegurou que
desde esta institución trabállase para achegar a Cámara ás empresas da
demarcación, á vez que persegue potenciar a internacionalización desas
empresas.
Referiuse ás misións
comerciais inversas como un factor que promocionará os nosos produtos no
exterior, recordando a presenza mexicana durante a pasada Feira do Viño e
que nesta edición terá como invitados a unha delegación brasileira. Neste
sentido destacou, Gumersindo Alonso, que Brasil terá dous acontecementos
mundiais, que converten a este país nun referente inmediato: os mundiais de
fútbol, en 2014, e e as Olimpíadas, en 2016.
Revistas de prestixio no
sector vitivinícola, importadores e xornalistas especializados, entre outros
membros da delegación brasileira, visitarán a Feira do Viño e distintas
zonas da comarca como parte da iniciativa da misión comercial inversa.
Román Burdeos Quintana,
representado á Ruta do Viño Rías Baixas, subliñou as excelencias da comarca
como atractivo para os visitantes que se achegan á Ruta do Viño, e que
ademais das paisaxes, gastronomía, patrimonio e outros recursos, poden
visitar as adegas, como unha forma de coñecer as elaboracións que nesta zona
se crean.
Clara Pousa Ortega,
técnica da Oficina Agraria Comarcal, centrou a súa intervención na
convocatoria das 4ª Xornadas Técnicas do Viño do Rosal, que este ano
orientará as referencias que aquí se fagan á outra marxe do Miño, xa que
nesta edición as Xornadas están dedicadas aos viños portugueses do Douro,
con relatorios que falarán da orixe das denominacións de orixe, de catas e
dos viños maduros da Rexión do Douro, entre outras.
Charo Tabales Perozo
explicou o apartado cultural da Feira, que terá actuacións musicais coa
presenza de distintas charangas como Os Charamujas, Big Bandbaiona, Vaite Xa;
exposicións como as que ofrecerá o colectivo Médicos artistas plásticos de
Galicia; cerámicas de Leandro Alonso, filatélica organizada polo Grupo
Filatélico Val do Rosal, e cadros de aplicación en tea de Susi Vanbeck.
Ángeles Vicente Manzano
pechou a quenda de intervencións adiantando a incorporación nas festas do
novo Servizo de atención e punto de información turística. Trátase dun grupo
de nove voluntarios que resolverán as dúbidas que os visitantes á Feira lles
espoñan, así como facilitarán información dos lugares e valores de interese
no municipio.
Feira do Viño
Creouse a Feira do Viño
do Rosal en 1993, organizada polo concello e o apoio de distintas
consellerías da Xunta de Galicia, co obxectivo de promocionar os sectores
vinícolas, lácteos, conserveiros e produtos típicos de horta e flor. Nas
súas primeiras edicións realizouse no Pavillón Municipal, coincidindo coa
Semana Santa, ata que se considerou mellor opción realizala ao aire libre,
cambiando para iso as datas procurando aqueloutras que poidan garantir un
mellor tempo atmosférico, trasladándose así ao mes de xullo.
Nesta edición a Feira do
Viño será inaugurada, polo conselleiro Alfonso Rueda Valenzuela, o venres
día 15 de xullo, nunha xornada con degustación de produtos típicos,
concertos de música folk na Praza do Calvario, e outras propostas de lecer,
como a actuación da charanga Os Charamujas, a partir das 22 horas.
O sábado, día 16,
continuará a degustación de viño e produtos expostos. Pola tarde actuará, a
partir das 20.30 horas, a charanga Big Bandbaiona e pola noite haberá un
concerto.
O domingo, día 17, estará
amenizado, pola tarde, pola charanga Vaite Xa.
A Feira conta cun
orzamento de máis de 42.000 euros, que proceden das subvencións de distintas
institucións e organismos, e venda de cataviños.
Oito serán as casetas que
se instalarán na Praza do Calvario dedicados ao viño; haberá outro de
produtos vexetais, ademais das destinados ao Consello Regulador da D.O Rías
Baixas e Ruta do Viño.
Nas carpas poderanse
degustar distintas elaboracións gastronómicas: polbo, carne ó caldeiro,
empanadas, sobremesas caseiras e embutidos, entro outros.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na
fotografía
 |
|
Campus de Verán de fútbol (O Rosal)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|