Convocado pola Agrupación Cultural Guardesa,
presidida por Julia Sobrino, o Centro Cultural da Guarda centrou os actos da
entrega de premios deste certame que chega á súa vixésimo cuarta edición, co
patrocinio do concello da Guarda e subvencionado pola Comisión das Festas do
Monte.
Presentado por Manuel Santos, a entrega de
premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán iniciouse coa lectura, por parte da
poeta Chuni Vázquez, de dous poemas do autor que dá nome a este evento poético.
Deseguido foi a presidenta da Agrupaqción Cultural Guardesa, Julia Sobrino, quen
recordou a figura de poeta guardés.
Antes de que os autores premiados recitasen os
seus poemas, o Coro Catabile, dirixido por Lucía Alonso Castro, ofreceu unha
pequena escolma do seu repertorio e, a continuación, foron lidos os poemas
premiados.
Julia Sobrino, por ausencia xustificada da súa
autora, leu o poema dotado co terceiro premio, "O alento do solpor", de Rocío
Leira Castro, de Cee (A Coruña); Xosé Alberto Álvarez Rodríguez, de Tomiño,
logrou o segundo premio con "Procurando a ollada cómplice"; poema lido por
Leoncio Cividanes Álvarez, amigo de autor, que desculpou a ausencia de Xosé
Alberto por atoparse ausente.
Finalmente subiu ao escenario Xosé Manuel
Esperante Davila, de Escarabote-Boiro (A Coruña), autor de "Imposible-O meu
corpo pide terra", que logrou o primeiro premio.
O concelleiro de Centristas de Tomiño, Jesús
Castiñeiras, entregou o segundo premio ao seu conveciño Xosé Alberto Álvarez
Rodríguez, recollido por Leoncio Cividanes, mentres JUlia Sobrino cedeu a
entrega do primeiro premio ao alcalde, José Manuel Domínguez Freitas,
recolléndoo Xosé Manuel Esperante Davila.
Tamén foron agasallados con recordos deste acto
os membros do xurado, o Coro Canbaile e o presentador, Manuel Santos. POla súa
banda a Comisión de Festas do Monte, representada por Victoriano Rodríguez
González, entregou á presidenta da A.C.G. o motivo que este ano distinguiu a
celebración das Festas do MOnte, elaborado nos obradoiros de Avelaíña.
Outra forma de ver a reportaxe
