09/08/2011

     

    

Festas do Monte Santa Trega (A Guarda)  

 

 

            O luns, 8 de agosto, deron comezo as Festas do Monte cun acto que presentado por Diana Español, se celebrou no Auditorio de San Bieito, e que contou coa intervención do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; a lectura do pregón, a cargo de José Luis Lorenzo Rodríguez e o festival folclórico no que xunto cos grupos da Guarda Grupo de Gaitas da 3ª Idade, A Boalleira, Do Lusco ó Fusco, Os Petóns, Tambaluca, Caramuxiñas, Xamaraina, e Vento Mareiro, participu o Rancho Folclórico de Vila Praia de Áncora.

Na súa intervención, José Manuel Domínguez Freitas comezou por referirse ao movemento que suscita a Semana Grande da Guarda sinalando que estes, “son días nos que multiplicamos a nosa poboación habitual e polo tanto os servizos van un pouco máis lentos, os coches nas rúas son más e porque nopn recoñecelo, hai máis ruido. Cousas das festas e da cantidade de xente que, por fortuna, nos visito. Apelo pois á tolerancia para que as cousas discorran con normalidade”.

Lembrou, como bo augurio para o comezo das festas, os éxitos deportivos acadados polos remeiros Jorge Rodríguez Vicente e Alejandro Fernández Lomba, que mereceron o caloroso aplauso do público, máis de seiscentas persoas congregadas no Auditorio de San Bieito.

Considerou que o programa de festas “vai contentar a todos” pola variedade de propostas de todo tipo que contempla e tivo palabras para a Comisión que leva doce anos organizando estes festexos baixo a presidencia de Victoriano Rodríguez e, os últimos once anos con Miguel Español Otero ao fronte e que reclaman xa un relevo, lembrando que con esta ducia de anos, supón, esta edición, a despedida da actual comisión, polo que o alcalde pediu que para o 2012 “ten que formarse unha nova comisión”, estando convencido que aparecerá esa xente “que vai dar continuidade a unhas festas que levan celebrándose desde o ano 1913”.

E finalizou a súa intervención Domínguez Freitas co desexo de que se disfruten as festas por parte de todos.

O pregoeiro, José Luís Lorenzo Rodríguez considerou “un honor y un privilegio ser el Pregonero de las Fiestas del Monte de este año”, para continuar lembrando, noutro momento, as distincións logradas pola Guarda, primeiro mencionando as Festas do Monte recoñecidas “en 2009 por la Xunta de Galicia como Fiestas de Interés Turístico, que unido a la reciente distinción a nuestra villa, como Destino Europeo de Excelencia Turística Edén 2010, concedido por la Unión Europea, hacen de A Guarda el destino turístico elegido por numerosas personas que nos visitan”, engadindo que “Estos reconocimientos son fruto de la labor realizada, por todas las Comisiones de Fiestas de los años anteriores, la gran participación ciudadana,  la gestión, difusión y apoyo a nuestras fiestas por parte del Concello y en particular por la Concejalía de Turismo”.

Historiu, de maneira breve, o decurso destas festas desde a primeira, celebrada en 1913, ou a primeira comisión creada en 1945, presidida por Florentino Rdríguez Ávarez, o primeiro desfile celebrado en 1948, sendo presidente da Comisión Saúl Santos Pantaleón.

Foi mencionando persoas relacionadas con estes festexos, como José Riego Lomba e Manuel Torrón Saavedra; acontecementos que formaron parte da historia destes festexos, como o priemiro desfile da Banda Negra.

Relatou as distintas alternativas de lecer, musicais, deportivas e culturais, que ofrecen estes festexos, e rematou lembrando as súas orixes e onde ten o seu corazón ““De nacimiento soy vigués, / de corazón me siento guardés. / A La Guardia vine a vivir / Y en esta tierra, quiero morir”.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión de San Caetano (A Cruzada, A Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com