29/04/2011

     

    

Voluntarios na defensa ambiental do río Folón

Reportaxe Juan Ramón/concello do Rosal

 

Voluntarios de Cruz Vermella e alumnos do San Xerome colocaron carteis de concienciación nos muíños do Folón

 

            O mércores 27 de abril voluntarios de Cruz Vermella procederon á instalación de carteis de concienciación medioambiental na ribeira fluvial do río Folón, en Martín (O Rosal), co apoio de alumnos do colexio San Xerome Emiliani e a colaboración da concellería de Medio Ambiente rosaleira, que dirixe Charo Tabales Perozo.

Esta é unha das actividades programadas dentro do proxecto “Moviéndonos por el río”, que continuará o sábado 30. O seu obxectivo principal é “contribuír á conservación e recuperación do río Miño e os seus afluentes, a través da concienciación e a educación ambiental dos cidadáns”.

            Segundo informa Cruz Vermella, para a posta en marcha deste proxecto, financiado polo “Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino”, a través do Programa de Voluntariado en Ríos e coa colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, creáronse equipos de voluntarios que realizan accións formativas así como diagnósticos e avaliacións do Miño, que favorezan e contribúan á conservación do río.

            Despois dunha pequena andaina polos Muíños do Folón, os participantes chegaron ata a fervenza da Regueira Fonte do Aloque, onde colocaron o último cartel antes de acometer o vindeiro sábado unha nova xornada de concienciación, xa pola “carreira ou ringleira” da Cereixeira e a vertente dos Muíños do Picón.

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Lanzo da

Crus Sobrada-Cristelo Côvo

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com