25/07/2011

     

    

"Frantasmas" 

 

 

            Coa asistencia dunhas 400 persoas que disfrutaron do espectáculo, Produccións Acontrabutaca representou no auditorio de San Bieito a obra “Frantasmas”, na que a risa estivo garantida desde o primeiro momento en que os actores saltaron ao escenario, para representar  as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que os informan dunha extraña maldición familiar...

Grandes influencias e espectacular escenografía

            Protagonizada por Fran Rei, Fran Campos e Fran Ameixeiras e co-dirixida polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantasmas “é algo máis que un espectáculo”. Segundo o autor e director da obra, Xosé Lueiro, “é un novo xeito de entender a comedia en Galicia” seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes “farán as delicias do público máis esixente”, amplía Lueiro.

            Un antigo caserón de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular…unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.

O público, un actor máis

            A cuarta dimensión, o quinto Beatle, a terceira perna... o espectador de Frantasmas é “algo máis que un espectador”... é tanto un colaborador necesario que se mete na pel dun personaxe coma o desencadeante directo na resolución dos feitos para axudar a esclarecer o misterio.

            “…Ciumes, traizóns, venganzas, luxuria, amor e morte…” a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett –asesinada- e polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos…

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

  

Inauguración "A Guarda: As paisaxes de Pousa"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com