|
|
Desfile do Traxe Galego
O Auditorio
de San Bieito centrou o domingo, 5 de xuño de 2011, os actos organizados pola
Asociación do Traxe Galego da Guarda, que tivo como principal acontecemento
o desfile de grupos e particulares ataviados cunha vestimenta tradicional
cunha gran diversidade de orixes: de época, de gala e de cotío.
Riqueza de
complementos, de corido e adornos e motivos, que chamaron poderosamente a
atención dos centos de persoas que seguiron o desfile desde as beirarrúas ou
se reuniron no Auditorio de San Bieito para desfrutar do remate do Desfile e
dos bailes do grupo Tangaraño.
Nesta edición
participaron no desfile o Grupo de Gaitas da Terceira Idade, Caravaning Club
Camping de Vigo, Xamaraina, infantís: Ribeira do Miño, Churumbela e Citania;
Os Petóns, Boalleira, Vento Mareiro, Grupo de Gaitas Buxaina de Taragoña,
Nosa Terra de Mos, Tambaluca, Grupo de Amigos Pedra Alta, Asociación do
Traxe Galego de Tui, Asociación do Traxe Galego de Santiago, Grupo Do Lusco
ó Fusco, Grupo de Gaitas José Luis Rodríguez e Tangaraño de Mos.
O alcalde da Guarda, José M. Domínguez
Freitas, que foi invitado a dirixir unhas palabras ao público salientou, na
súa breve intervención o traballo desenvolvido pola Asociación para a
Recuperación do Traxe Galego da Guarda e a súa contribución para dar a
coñecer a riqueza e variedade do mesmo, subliñando a exposición montada no
Centro Cultural con este motivo.
Quixo destacar tamén que hoxendía non se
entendería a vida cultural da Guarda sen o Auditorio de San Bieito, en
referencia á polémica subscitada estes días sobre o uso deste espazo como
escenario que acolle diferentes acontecementos culturais e musicais,
palabras que foron aplaudidas polos presentes.
Outra forma de ver a reportaxe: premer
na foto
 |
|
Xantar Club
da 3ª Idade
da Guarda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|