|
|
Corrida do Galo en Fornelos
Reportaxe: Victoriano Rodríguez
Esta divertida Corrida
do Galo, que tivo lugar o 7 de marzo, celébrase no Entroido de Fornelos
dende moi antiguo. O nome de Corrida do Galo vén dado que tempos
atrás os xinetes participantes corrian cos burros e cun fostango rompían as
olas, na que nunha delas estaba o trofeo máis preciado que era un galo,
mentres que noutras olas metían un gato, pombas que saían voando, auga e o
que cadrase. Nos últimos tempos foron prohibidos a utilización de animais,
para este tipo de espectáculos, seica por protexelos. Na actualidade
métense nas olas lambetadas e nunha un vale que lle dá dereito a un quico ao
gañador. Antes participaban cerca de vinte burros do entorno, hoxendía o
haber poucos, particípase con curiosos artiluxios imitando o entrañable
burro fariñeiro.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Premiados no desfile de entroido de Tui
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|