seguinte
Luis Lomba Vicente e Noé Pombal
Domínguez venceron nas regatas de gameliñas da “del Carmen”
O venres, 16 de xullo,
festividade da Virxe do Carmen, celebráronse no porto da Guarda as tradicionais
regatas de gameliñas seguidas desde o Muller Alto e a Ribeira por unha boa
representación de siareiros que preferiron achegarse ao porto fronte a
invitación da praia.
Competiron dúas categorías: menos de 12 anos, e rapaces maiores desta idade.
A clasificación, na categoría menores de 12 anos, foi:
1º Luis Lomba Vicente
2º Miguel Martínez Baz
3º Juan Álvarez Lomba
A clasificaicón, na categoría de maiores de 12 anos. Foi:
1º Noe Pombal Domingos
2º Adrián Moa Martínez
3º Aron Mehoi Dadud Márquez














seguinte