19/03/2011

     

    

Feira de San Gregorio, Pías (O Rosal)

Reportaxe de Milo Baz

  

 

San Gregorio, en Pías (San Miguel, O Rosal), foi venerado na súa festividade con oficios relixiosos, pero tamén coa convocatoria dunha nova edición da Feira á que dá nome e que reúne unha variada oferta de espectáculo, exposicións e postos de artesanía. Esculturas, nas que a creatividade é oque domina; encaixes e antigüidades, foron algunhas das ofertas culturais. A música tradicional e os contacontos, entre outras alternativas tamén tiveron a súa oportunidade en San Gregorio, non faltando os encontros coa gastronomía en forma de polbo á feira ou degustando a exquisita rosca de rexóns.

No eido relixioso foi a Misa Solemne, en honor ao Santo avogado da cabeza e do estómago, quen congregou a numeroso fieis, aínda que a procesión non puido saír ante a ameaza de chuvia.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Coñece o teu Concello: Camiño Portigués da Costa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com