|
|
Exposición na Casa Taller (Casa Azul Turquesa)

Ata o 30 de setembro poderase
visitar na Casa Taller do Paseo Marítimo (a Casa Azul turquesa), unha dobre
exposición obra da burgalesa afincada na Guarda, Gemma Marqués, e do guardés
Daniel Alonso.
Gemma Marqués presenta unha
dobre temática nesta mostra: vehículos, como coches e vespas, nos que
predomina a viveza da cor que evidencia o dinamismo dos motivos plasmados
sobre táboa ou no lenzo, mediante acríclicos, en ocasións remarcando os
espazos con pan de ouro, e as paisaxes castelás, de ocres e amarelos, nalgún
caso verdes, suxerindo a primavera das terras interiores.
Poa súa banda Daniel Alonso
mergúllase no pasado co pretexto de recrear os “menhires” aos que “invade”
con alusións creativas modernistas e denominacións suxerentes: “Menhir
sexuado”, “Menhir musical”, “Menhir mecanizado”, “Menhir atravesado”, unha
serie que invita á reflexión sobre a evolución do pensamento humano e
inventar outros valores para as pedras hincadas.




 |
|
Pozas de
Mougás
por MILO BAZ
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|