29/01/2011

     

    

O colexio S. José-HH Carmelitas no Día da Paz

 

Reportaxe coa colaboración de  María José González Álvarez

 

O Colexio Carmelitas celebro una Alameda da Guarda o Día Escolar pola Paz e Non Violencia

 

Con motivo da conmemoración do Día Escolar pola Paz e Non Violencia, a Comunidade Educativa do colexio S.José – Carmelitas celebrou este pasado venres (28 de xaneiro) as 12.30  da mañá, na Alameda da Guarda un festival pola Paz.

Os alumnos e profesores do centro percorreron a rúa Brasil portando unha  pancarta na que se podía ler “A paz está nas túas mans”.

Unha vez na Alameda deu comezo un festival  no que os alumnos do centro realizaron diferentes actividades: bailes, cancións, dramatizacións, lectura de compromisos e poemas.... que pretendían fomentar o uso da non violencia na resolución de conflitos e afondar na educación en valores como: o diálogo, o respecto,  ou a tolerancia.

Lembrouse  a tódalas persoas que foron vítimas ao longo do ano de calquera xénero de violencia e tamén a aquelas que dun xeito silencioso traballan pola instauración da paz no mundo.

Para rematar leuse un manifesto pola paz, ao tempo que se soltaron ao aire uns globos, cos valores traballados nas diferentes clases durante a semana. Quíxose simbolizar así o desexo de poñer no mundo un pouco de amor, tenrura, ilusión, perdón e de que a paz chegue a tódalas partes do planeta poñendo fin a todas as confrontacións entre as persoas.

O acto desenvolveuse nun ambiente cordial e festivo no que a música foi, tamén, protagonista.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Día da Paz no colegio PP. Somascos

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com