03/08/2011

     

    

Homenaxe ao poeta Feliciano Rolán

Reportaxe: Agustín Ferreira

  

 

1985: RECORDANDO A HOMENAXE

DA AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA

A FELICIANO ROLÁN NO

50 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

 

A carón do xardín dedicado a F. Rolán, o abade da Guarda procede ao rezo dunha oración, mentres un nutrido grupo de persoas, algunhas relacionadas directamente co poeta (Pantaleón, no centro da imaxe, amigo de Rolán; un parente, Manolo o zapateiro, alcumado “O Taboleta” -ao lado de Pantaleón–) e membros da A.C.G. arroupan este acto.

 

A Agrupación Cultural Guardesa, no podía deixar de lado lembrar a figura de Feliciano Rolán no 50 cabodano do seu pasamento. De modo que esta institución organizou unha homenaxe, a segunda que se lle dedicaba a Rolán no mesmo ano, con motivo dese aniversario, e tamén a segunda que organizaba a ACG a este insigne poeta local. Deste xeito, no mes de xullo de 1985, tiña lugar un novo recoñecemento ao escritor. Os principais membros da A.C.G., xunto cun grupo de persoas que arrouparon o acto, reuníronse no monumento dedicado ao poeta e procedeuse a dar lectura de sendos escritos alusivos á figura de Rolán.

 

Mentres o público asistente a este acto se congregaba entorno ao monumento, Ricardo Rodríguez, co poemario "Lexanías" na man, da autoría de Francisco Álvarez Koki, le un dos poemas deste libro dedicado a Feliciano Rolán.

 

J.A. Uris, que naquela era o presidente da A.C.G., le o escrito que preparou para lembrar a figura do poeta.

Feliciano Rolán sempre ocupou un posto destacado no seno da Agrupación Cultural Guardesa, proba diso é que na actualidade segue esta entidade recordando cada ano ao poeta coa convocatoria do Certame de poesía “Feliciano Rolán”, cuxos actos se levan a cabo no mes de agosto, coincidindo coas festas do Monte, no Centro Cultural da localidade e na que participan poetas non só da bisbarra, senón mesmo de todo o estado.

 

Chuni Vázquez, poetisa local, le un apunte dedicado ao poeta, expresamente preparado por ela para este día, diante da atenta mirada de Uris, Feliciano González Otero, Miguel Español e público en xeral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Concerto 25 Aniversario Agrupación Musical do Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com