|
|
Folga do 27 de xaneiro
A folga do 27 de xaneiro pasou desapercibida na Guarda
Escasa
repercusión tivo na Guarda a folga convocada pola CIG na xornada do 27 de
xaneiro. Os establecementos, en xeral, abriron normalmente as súas portas.
Entre as
incidencias rexistradas podemos mencionar as pintadas aparecidas nalgunhas
entidades financieiras, sedes políticas, como a do Partido Popular, e mesmo
nunha das fachadas da igrexa parroquial da Guarda, elemento patrimonial que
conta con varios séculos.
Outros
establecementos afectados foron as inmobiliarias e algunas axencias de seguros.
Nun lateral da
Confraría de Pescadores colocaron unha pancarta con alusións ao Partido Popular,
PSOE, UXT, CC OO, ETT e bancos, culpabilizándoos da crise económica.
As pechaduras das
portas dalgúns edificios ou oficinas, como a Casa do Concello, a Policía Local e
a OMIX, mesmo nalgún centro de ensino de primaria, foron cegadas polo que
tiveron que ser desmontadas para poder pasar ao interior destes departamentos.
Tamén nalgunhas entidades crediticias, ademais das pintadas, anularon as
pechaduras, tendo que acudir a un cerraxeiro para liberar a entrada, así
aconteceu, por exemplo, en Novacaixagalicia onde as 9.30 horas da mañá se
traballaba para poder pasar ao interior, e á mesma hora as empregadas dun
supermercado na rúa Domínguez Fontela limpaban as pintadas de portas e
cristaleiras.
Os autobuses que
se desprazan a Vigo desde A Guarda tiñan o cartel anunciando “Servizos mínimos”.

Cristaleira na
sede do Partido Popular

Igrexa parroquial
Santa María da Guarda

Un cerraxeiro
tratando de liberar a pechadura de Novacaixagalicia

Inmobiliaria con
pintadas na cristaleira

Pintadas nunha
Corredoría de Seguros

Fachada do Banco
Gallego
|
|
Semana da Cociña do Mundo
(CEIP nº2)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|