|
|
Irmanamento Tui-Valença
Informa Beti Rey
seguinte
Asinado
o Irmanamento entre Tui e Balença na data en que a Ponte Internacional
cumpre 125 anos

O Alcalde
Tui, Antonio F. Fernández Rocha, e o Presidente da Cámara Municipal de
Valença, Jorge Salgueiro Mendes, asinaron na ponte Internacional, que
onte
cumpriu
125 anos,
o acordo de irmandade entre as dúas localidades dando deste xeito
cumprimento ao acordo de ambas Corporacións Municipais e testemuñando unha
realidade histórica e cotiá para todos os tudenses e valencianos que se
senten habitantes dun territorio común e de dúas cidades irmáns.
Segundo se recolle no
texto do protocolo asinado esta “as cidades de Tui e Valença acordan
fortalecer os lazos de amizade e comuñón que historicamente caracteriza as
súas relacións formalizando un acordo de irmandade que hoxe se asina”. O
obxectivo desta irmandade é “desenvolver relacións sociais, culturais,
económicas e educativas, así como o progreso e desenvolvemento das súas
poboacións a través do contacto persoal entre todos os habitantes das dúas
cidades” así como “promover o desenvolvemento das relacións mutuas para
fortalecer cidadanía e os lazos de fraternidade entre os habitantes de ambas
localidades”.

Previa a sinatura do protocolo tivo lugar un acto solemne na
antiga alfándega de Valença decorada para a ocasión cunha maqueta da ponte
internacional e con tres fotografías de Tui, Valença e a ponte no día da súa
inauguración hai 125 anos. O acto contou cunha nutrida representación de
autoridades civís e militares encabezas polas corporacións municipais
tudense e valenciana, e nas que estaba tamén o Delegado do Goberno en
Galicia, o Director Xeral da Administración Local da Xunta, o presidente do
Consello Directivo do Instituto da Mobilidade e Transportes de Portugal.
Tamén acudiron alcaldes ribeireños coma o da Guarda ou Vila Nova de Cerveira
ou o Alcalde de Fromista e un concelleiro, cidade coa que Tui xa estaba
irmanada.
O Alcalde de Tui na
súa intervención destacou que “é de xustiza recoñecer que este acordo que
imos asinar é froito madurecido da decisión de tantas e tantas xeración de
valencianos e tudenses que superando os atrancos souberon xuntos chorar,
rir, bailar, casar, pescar, mercar,... como fan dous namorados, dous noivos
cheos de ilusión e esperanza”.
Recoñecía que esta fronteira á
máis antiga de Europa pero tamén a máis permeable, engadindo que a Ponte de
Pelayo Mancebo converteuse no “símbolo da nosa unión, da nosa irmandade, nun
escenario privilexiado das nosas vidas”. Sinalaba Fernández Rocha que é un
acto de xustiza, asinar este acordo que “certifica a realidade secular das
nosas cidades” e que o irmanamento quere ser como a ponte metálica “un
símbolo de evocación dunha vida común das xentes de Galicia e do Miño,
unidos por un territorio, unha cultura, unha lingua, unha vocación de
traballo en común para o desenvolvemento compartido” por iso expuña que
“Galegos e minhotos teñen nesta cidade, que conformamos Valença e Tui, a
expresión desta unión, a testemuña desta mutúa vocación”. Engadía que a
sinatura do protocolo “posúe unha longa visión de futuro e unha aposta de
cara ao provir. Con este protocolo amosamos a nosa vontade de afondar nesta
cooperación, de compartir servizos, de cooperar mutuamente no progreso dos
dous municipios apostando claramente por promover entre ambas localidades
cousas que ata quizais non fixese o de agora non fixemos como no ámbito
dunha auténtica vocación europea, dunha auténtica cohesión entre os nosos
pobos” para o que apuntaban é preciso a colaboración doutras
administracións.
Remataba
a súa intervención no plano persoal destacando que para el coma alcalde é
unha satisfacción culminar deste xeito dúas décadas de traballo municipal.
Pola súa
parte o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes expuña que
dende hai 125 anos a ponte une Valença e Tui facilitando as relacións entre
as dúas cidades. Manifestaba que a Unión Europea, os Gobernos de Portugal de
España, a Xunta de Galicia,e a Rexión Norte deben de ollar para “este
exemplo de cooperación e desafío coma unha nova oportunidade neste tempos de
crise económica, social e política”. Apuntaba que Valença é terra de
fronteira e que hoxe é unha cidade de portas abertas ao mundo, e que nesta
terra de fronteira segue habendo dificultades polas diferenzas existentes en
diferentes áreas coma no prezo dos combustibles, falta de harmonía fiscal,
ou na peaxe nas autovías”.
O
protocolo de irmande dicía que “da un paso importante nas relacións entre as
dúas cidades coa convicción de concretizar unha vontade antiga de tudenses e
valencianos”. Jorge Salgueiro sinalaba que é un pracer celebrar os 125 anos
da ponte polo que representa “unha ponte libre e aberta” así coma pola súa
simboloxía de ponte para Valença e Tui e por reforzar un lugar común a
xeración futuras. Concluía afirmando que a irmandade asinada hoxe é un
exemplo de humanismo.
Tomou
tamén a palabra neste acto o Director Xeral de Administración Local,
Norberto Uzal, quen destacou que cada ano pasan a fronteira entre Tui e
Valença 6 millóns de persoas, engadindo que esta fronteira está cobrando
hoxe a súa verdadeira dimensión como camiño de cooperación. Unha liña de
cooperación entre as dúas cidades que xa existe na cultura, nas emerxencias
e nas urxencias médicas, que apostaba por afondar. Remataba afirmando que
Tui e Valença protocolizan nun papel o “que existe dende sempre dous pobos
irmáns chamados á entenderse”.
Antón
Louro, Delegado do Goberno en Galicia, lembraba que dende que se decidiu
construír a ponte ata a súa inauguración houbo que facer fronte a numerosos
atrancos ante os que se mantiveron as reivindicacións dos dous pobos para
que esta ponte se fixese realidade. Apuntaba que a ponte tras 125 anos segue
a dar o mesmo servizo que cando se creo, sendo un eixo de unión e concordia.
Por iso dicía o obxectivo do acto desta mañá era “reforzar os vínculos dos
dous pobos” coa sinatura do protocolo de irmandade. Antón Louro apuntaba
que “hai 125 anos a ponte cambiou a vida dos veciños da fronteira” engadindo
que o de hoxe é “un día de lembranza para os que fixeron posible a obra, e
para os que día a día seguen xustificando a súa existencia”.
Por
último o Presidente do Consello Director do Instituto de Mobilidade dos
Transporte, Carlos Ferreira, tras escusar a presenza do Ministro portugués
manifestaba que “a ponte foi e segue a ser unha notable obra de enxeñeira”.
Expuña que os desafíos que presidiron a construción da ponte internacional
foron “aumento da cooperación bilateral, aposta na innovación e
desenvolvemento das relacións económicas, sociais e culturais” pero son
tamén explicaba “os principais desafíos que se colocan hoxe e no futuro no
desenvolvemento de ambos lados da fronteira”. Remataba indicando que o
protocolo de irmandade permitirá concretar o proxecto de Eurocidade, para
cuxa consolidación indicaba que será preciso o planeamento dunha rede de
transporte público transfronteirizo para o que brindou a colaboración do
instituto que preside.

Tras o acto
de sinatura e o descubrimento dunha placa conmemorativa nunha dos columnas
do medio da ponte internacional, onde conflúen as localidades de Tui e
Valença, os asistentes escoitaron a interpretación do himno de Europa como
sinal da vocación europea deste irmandade que hoxe asinaron ambos
mandatarios, cunha tirada de bombas de palenque e as fotos de rigor
remataron os actos na Ponte Internacional, construída co deseño do enxeñeiro
Pelayo Mancebo Agreda,
Finalmente
os convidados desprazáronse nunha comitiva acompañada por un grupo de gaitas
ata o Parador de Turismo “San Telmo” de Tui onde tivo lugar a entrega dos
premios dos concursos de carteis e de fotografía convocados por ambos
municipios ao abeiro dos actos conmemorativos deste 125 aniversario e de
seguido participaron nun xantar oficial ofrecido por ambos concellos.

Esta xornada do 25 de marzo de 2010 ficará como unha data histórica a
conmemorar no futuro pois ambas localidades de Tui e Valença asinaron
oficialmente a súa irmandade, amosando o camiño da cooperación entre pobos
transfronteirizos.
Imaxes do Irmanamento
(por Beti Rey)









seguinte
|
|
Presentación da candidatura do
PP no Rosal
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|