|
|
Paletada-Laconada de San Amaro
Camposancos (A Guarda)
Camposancos cumpriu a
tradición de celebrar con paleta e lacón ao santo patrón, San Amaro
Máis de
duascentas persoas acudiron, o sábado, 14 de xaneiro, á primeira cita
gastronómica da comarca do Baixo Miño, a paletada-laconada, organizada pola
Comunidade de Montes de Camposancos para honrar a San Amaro, que dá nome a
este encontro celebrado no antigo colexio do PP. Xesuítas, que chega á súa
décimoquinta edición e que lembra a tradición familiar de compartir mesa os
parentes o día do patrón para degustar o xantar típico coas mellores partes
do porco como materia prima, reservadas para esta ocasión.
Camposinos de
todas as idades, pero tamén veciños das parroquias próximas, deron conta de
60 kg de lacón, 80 de paleta, 35 de chourizos, 100 de patacas e 200 manoxos
de verduras preparados, como vén encargándose desde fai nove anos, polo
catering A Pizzicata. Antes de tan saborosa degustación, na que non
faltaron viños brancos e tintos, ademais de refrescos, sobre a mesa
probáronse empanadas, empanadillas, embutidos varios e croquetas.
Sobremesas, e café e
licores completaron o “mantel”.
O encontro
serviu a moitos para lembrar anécdotas e vivencias; preguntar por “este” ou
“aquel” e estreitar lazos de veciñanza.
Durante a
tarde, fría e húmida, a sesión discoteca prolongou a estancia da maioría dos
comensais até máis alá das nove da noite, hora na que se presentou o grupo
de pandereteiras Xamaraina, baixo a dirección de Elena Baz, que deixaron a
súa voz nun animado ambiente de festa. A esas horas os estómagos volvían
entrar en calor coa degustación do tradicional caldo servido pola Pizzicata.
Os
comuneiros, unha vez máis, non só cumpriron coa tradición, senón que
cumpriron tamén con fartura ao reunir aos fregueses neste encontro no que se
conxugan gastronomía e irmandade.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Exposición de Daniel Alonso
en Novacaixagalicia
Índice reportaxes 2011
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|