|
Festa da Lagosta. Pregón (A Guarda)
Ver reportaxe 2 e 3 xullo
A Praza do Reló
centrou os actos de inicio da Festa da Lagosta coa lectura do Pregón
Por vez
primeira a Praza do Reló foi o escenario elixido para dar lectura ao pregón
da Festa da Lagosta, acto que se levou a cabo o 1 de xullo por “Os Campelos”.
Unhas 500
persoas, entre elas os alcaldes do Rosal e Oia), acudiron a esta cita na
que, ademais dos humoristas do Rosal, houbo música cos grupos Moon Cresta,
Los Asmático e Santos Morcegos, unha proposta da cafetería Art Café.
Antes da
lectura do Pregón, ofreceu un concerto a Agrupación Musical da Guarda, baixo
a dirección de Víctor Treinta.
Presentado
por Manuel Santos, que conduciu a programación institucional da xornada,
subiu primeiro ao balcón o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas,
quen lembrou o acerto de crear, sendo alcaldesa Purificación Álvarez, esta
festa gastronómica “que refrendaba o que desde moitísimo tempo atrás era
unha realidade: a magnífica gastronomía guardesa, baseada moi especialmente
nos produtos do mar, peixes e mariscos”.
Da lagosta
lembrou a súa captura no “noso mar”, así como en augas portuguesas e
africanas. A lagosta, engadiu, “non só serviu para da realce á nosa
gastronomía, senón tamén foi e é un importante ingreso para as familias
mariñeiras”.
Recoñeceu
Domínguez Freitas que a lagosta é un produto caro, non asequible a todos os
petos, por eso, engadiu, “poñer outros produtos da cociña mariñeira no menú
da Festa foi tamén un acerto”.
Agradecu o
alcalde “aos seis restaurantes que participan na festa, así como á
confitería e a adega, o seu esforzo e bo quehacer para que todo resulte ben”.
Subliñou o traballo desenvolvido pola Concellería de Cultura, recoñecendo o
traballo feito tanto pola concelleira resposable deste encontro coa mesa,
como polo técnico de Turismo, traballos do concello e á policía local.
Noutro
momento, para falar dos valores da Guarda, mencionou, entre outros, as
bandeiras azuis que volveron recibir os areais guardeses, e o premio europeo
Edén, entre outros.
Respecto dos
pregoeiros, explicou que desde o concello quíxose dar ao pregón un realce
especial, cambiando de escenario e invitando como pregoeiros a Os Campelos.
Pola súa
banda Os Campelos, accederon á praza do Reló dando algún susto aos presentes
que escoltaron un coche que irrumpía con mayor velocidade da permitida na
praza. Descendeu primeiro a duqesa de Alba, mentres Fraga durmía no asento
de atrás.
Aplausos,e
bicos recibiron aos humoristas rosaleiros, pudiéndose adiciñar por onde
irían as palabras de Os Campelos.
“Amigos meus,
cando escoitei que nun primeiro momento a lectura do Pregón iaba a ser a
cargo dos humoristas do pobo veciño do Rosal, Os Campelos, rasgáronseme as
vestiduras porque penso que un acontecemento desta magnitude debe ter a
máxima e a máis seria representación institucional”.
Máis tarde o
Campelo-Fraga alabou as praias fluvias do Miño e as súas augas. Mencionou
algúns dos produtos que os mariñeiros obteñen da mar (percebe, camarón,
nécoras, centolas, etc.) e desexou “que todos nós poidamos degustar estes
manxares nas nosas mesas”.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

Ver reportaxe 2 e 3 xullo
|