|
|
Festa da Lagosta. Pregón (A Guarda)
Ver Pregón
Degustacións, artesanía e rebaixas
completaron un especial fin de semana na Guarda con ocasión da Festa da
Lagosta e da Cociña Mariñeira
A Guarda viviu, os días 2 e 3 de xullo, a
súa maior festa gastronómica, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, con
degustacións culinarias de exquisitez demostrada e probada, con eloxios dos
comensais, e variedade de prezos que fixeron posible que aqueles petos que
non puideron acudir á raíña do marisco, a lagosta (35 hora completa e 18
euros a media lagosta), accedesen a outros produtos que mimaron os padais, e
que se podían adquirir desde un euro. O mar estivo sobre a mesa representado
por especies culinarias tan saborosas como o percebe, zamburiñas, mexillóns,
navallas, luras, chipiróns, peixe espada, xoubas, camaróns, polbo, e outras
degustacións, ata completar os 30 pratos diferentes, aos que hai que engadir
as ricas sobremesas da confitería Estévez, presididos pola sempre rica rosca
de xemas e as novas creacións, como os bastóns do camiñante. Por dous euros
puideron degustarse unha ración da rosca de xemas e un chupito de viño
doce.
Para regar estas degustacións nada mellor
que os viños do Rosal, que terán a súa cita, con festa propia, do 15 ao 17
de xullo na Praza do Calvario, de veciño municipio.
Aínda que non hai cifras oficiais, quizais
se notou un pouco menos de afluencia de público, pola crise propia, e a que
sofre, aínda maior, o país veciño, de modo que a presenza de protugueses
baixou con respecto a edicións anteriores. Aínda así, a festa cumpriu os
seus obxectivos e, en xeral, os restauradores cren que os resultados son
satisfactorios.
As alternativas á festa, ofrecidas polo
concello e a iniciativa de Ábaco, cubriron eses ocos da Festa aos que o
sábado, sobre todo, contribuíron tamén as praias ofrecendo os areais con
bandeira azul (Praias de Camposancos e Area Grande), para disfrute.
Pero na contorna portuaria, concretamente na
Rúa do Porto, esas outras alternativas viñeron da Feira de Artesanía, unha
cita na que se ofreceron variedade de artigos elaborados artesanalmente,
desde obxectos de coiro, pasando pola cestería, bixutería e antigüidades ata
atractivos xogos de enxeño que foron entre as ofertas, pola súa novidade e o
seu obxectivo, dos stands máis visitados.
Mentras, nas proximidades da carpa, prodigáronse actividades
infantís e acrobacias, e no interior do recinto, houbo música tradicional.
Pola súa banda Ábaco levou ao Paseo Marítimo
da Robaleira a súa A Guarda Feira Outlet, onde 13 establecementos da
localidade dos sectores téxtil, calzado e agasallos, espuxeron os seus
produtos a prezos rebaixados, que fixeron máis atractivas as compras.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Festa da Lagosta.
Pregón
(A Guarda)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|