07/03/2011

     

    

Festival a beneficio de Las Samaritanas

 

 

            Arredor de 150 persoas acudiron ao Festival que a beneficio de “Las Samaritanas” se celebrou o venres, 4 de marzo, no Centro Cultural da Guarda e no que participaron o Coro Infantil dos Pais Somascos, o coro da Terceira Idade da Guarda, o Grupo do Rosal “Lirolai”, María José Baz, o Grupo de Corda “Antorcha” e o tenor Chema Albán La Guardia acompañado ao piano por Guillermo García.

            Durante este espectáculo musical, presentado polo párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, sorteáronse unha cesta de productos diversos e dous lotes de libros doados pola Concellaría de Cultura do concello da Guarda.

            Entre os espectadores, estaba a promotora da casa de acollida, María del Carmen Vilchez, con residentes da institución, así como a comisión organizadora do acto e autoridades locais tanto da Guarda como do Rosal, neste caso representadas polas concelleiras María del Carmen Alonso e María Ángeles Vicente Manzano.

            Jesús García Villadóniga referiuse ao importante labor que desenvolve a Casa de Acollida dando afecto e fogar a quen está necesitado deles, e valorou a xenerosidade de María del Carmen entregándose a quen a necesita. Tamén tivo palabras para a Comisión organizadora deste espectáculo, que chega á súa terceira edición.

            Julia Sobrino, como representante da comisión organizadora agradeceu o altruísmo dos grupos e persoas que participaron coa súa música e a súa voz neste espectáculo a prol de Las Samaritanas; a presenza do público e tamén a do colectivo que a acompañan neste labor de organizar o festival nomeando a cada unha desas persoas que traballaron para facelo posible.

Pola súa banda María del Carmen agradeceu a cantos coa súa presenza ou coa súa colaboración, contribuíron a esta iniciativa. Ofreceu a Casa aos que queiran coñecer o labor que desenvolven Las Samaritanas e desculpouse porque non sempre pode estar presente alí onde a reclaman.

O alcalde e concelleiros, tanto da Guarda como do Rosal, foron chamados ao escenario e fixeron entrega, aos que puxeron voz e música no Festival, dun recordo deste acto.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Entroido

Escolar

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com