16/04/2011

     

    

Escolares da Gándara na fundación las Samaritanas

Reportaxe Olga Rodríguez Vicente

 

 

Como remate do cursiño de palmas e palmitos que se levou a cabo na Fundación das Samaritanas de A Gándara, as asistentes e persoal do Centro quixeron celebralo cunha compaña moi especial: os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil de A Gándara.

Despois de observar as marabillas que saíron das mans destas artistas, eles tamén quixeron iniciarse na arte do trenzado poñendo todo o seu empeño e nalgún caso o conseguiron. Pero o máis importante e que supuxo unha boa experiencia para eles e un xeito máis de convivencia e coñecemento do seu entorno, sobre todo deste entorno de apoio ós desfavorecidos.

Grazas mil pola dozura desas galletiñas elaboradas con todo o mimo para eles e como non: aínda saboreamos eses oviños de Pascua cos que nos agasallaron.

E graciñas tamén, en nome da Comunidade Educativa do Centro, pola boa excelente acollida da promotora e alma deste centro, Mari Carmen. ¡Ánimo no seu labor!

 

Outra forma de ver a reportaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Presentación candidatura

ALT

  

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com