|
Proxecto lector: A volta ao mundo en 80 libros!
CEIP A Sangriña
É un
proxecto multidisciplinar: Lengua castellana, lingua galega, tics, música,
plástica
Estivo
dividido en dous subproxectos:
“ Tira da corda e
amárrate na aventura” dedicado a libros de aventura e piratas.
“ Contos do Mundo”
Un dos
obxectivos era ler 80 libros, parecíanos moi difícil, así que empezamos a
mandar cartas, correos electrónicos... a personalidades da localidade e do
mundo da literatura.Pediámoslles unha frase de ánimo á lectura e unha foto
asinada. Con todas elas fixemos o mural “ Nos lemos” A nosa sorpresa foi
enorme o comprobar que nos responderon e ademais, algúns achegáronse ó
centro para lernos un conto ( Mª Sol ,José Manuel Dominguez Freitas,
Alicia Alonso, José Antonio Uris, Antonio Lomba, Julia Sobrino).
De cada
libro fixemos unha ficha bibliográfica e ilustrámola tamén escribiamos o
título do libro nun pequeno saco que pegabamos no globo do mural da clase
“ A volta ao mundo en 80 libros” .
Tamén
traballamos a lectura usando as novas tecnoloxías. Parte das horas de
informática dedicámolas a investigar. Así foi como logramos aprender un
montón de cousas relacionadas cos piratas: lendas, piratas famosas, comidas
piratas , contos do mundo...Con toda a información recompilada elaboramos
pequenos libros.
Gustáronnos
moito os talleres. Fixemos varios: de bandeiras piratas, de marcapáxinas, de
barcos piratas, de cociña: pratos do mundo, de contos, de microcontos e de
poesía.
Para as
celebracións importantes do cole convertémonos en contacontos ou poetas
para os compañeiros máis pequenos.
Semana das bibliotecas: O
pirata Pata de Lata e poesías piratas
Nadal: O Homiño de Mazapán
Día da Paz: Unha espada
moi especial
Mes da poesía: La canción
del pirata y el Himno pirata
Día del libro: Escribimos
e ilustramos contos que regalamos a cada unha das aulas do centro así como a
biblioteca.
Fixemos
recompilacións de contos do mundo que logo, nos mesmos, ilustramos e lles
lemos aos nosos compañeiros de curso. As nosas familias tamén colaboraron xa
que tiñamos unha libreta chamada “ Mundocontos” na que cada familia
escribiu un conto do mundo.
Para
relacionar os proxecto: “Animais do mundo” de infantil e o noso: “Contos do
mundo” buscamos un conto africano, concretamente de Ghana, e convertémolo
nunha obra de teatro con marionetas de dedo que representamos para os nenos
de Infantil e primeiro ciclo.
Recibimos a
visita de persoas doutros países ou que viviron un tempo fora de España:
Carlos , Marcela , o profe Alex e a profe Maite .
Contáronnos
contos deses países e ademais nos explicaron como se vive alí, as súas
costumes, as comidas... e nos responderon a cada unha das preguntas que lles
fixemos.
Con todos
os traballos fixemos unha exposición e estamos moi contentos e orgullosos
do noso traballo.
Outra forma de ver a reportaxe: premer
na imaxe

|