12/05/2011

     

    

Eu leo, e ti?

Reportaxe de Juan Ramón Martínez Barbosa

  

Campaña de fomento da lectura “Eu leo, e ti?”

            Grazas a unha iniciativa das mestras responsables da Biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, ponse en marcha esta campaña de fomento da lectura, destinada fundamentalmente a lectores adultos, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Rosal.

            Preténdese achegar os libros a toda a cidadanía, para poder disfrutar da lectura no tempo de lecer, na casa ou mesmo en establecementos públicos.

            Trátase de que os libros “rulen” e percorran a vila.

Un total de sesenta distribuídos en tres caixas foron colocados no Centro de Saúde, nunha perruquería e nunha cafetería locais. Pódense ler alí mesmo, nas propias casas ou recomendarllos a amigos.

            Unha vez lidos entregaranse en calquera dos tres lugares elixidos para esta campaña (que non ten por que ser o mesmo de onde se escolleron).

            Esta actividade é bimensual. Cada dous meses recolleranse e procederase ao seu cambio, por outros libros e outros lugares.     

            Dende a concellaría de Cultura anímase a participar nesta singular forma de coñecer libros e gozar da lectura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Liga de Amigos de O Rosal por la Serra da Arga

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com