12/05/2011

     

    

Exposición "Libros do Mundo"

Reportaxe de Juan Ramón Martínez Barbosa

  

Xa se pode visitar a exposición “Libros do Mundo” na Biblioteca Municipal do Rosal

 

O martes 10 de maio chegaron á Biblioteca Municipal do Rosal 15 mochilas cheas de libros de todo o mundo.

Un total de 152 contos escritos en 35 idiomas, incluída a linguaxe braille, entre eles: danés, chinés, árabe, italiano, francés, esloveno, checo, etc, estarán con nós do 10 ao 18 de maio. Poderemos disfrutar deles en horario de apertura da biblioteca, de luns a venres de 4 a 8 da tarde.

Esta colección é propiedade do CRA Mª Zambrano e despois de percorrer todas as escolas unitarias do Rosal, están agora na Biblioteca Municipal para todas as persoas que desexen vela.

A magnífica colección procede de doazóns das propias familias de alumnos/as, amigos e profesores do CRA Mª Zambrano que foron recompilando nas súas viaxes polos diferentes lugares do mundo.

É sen dúbida unha estupenda ocasión de ver como a lectura xoga un importante papel na cultura dos pobos e como pode ser un lazo de unión entre todos eles. Dende a concellaría de Cultura convídase a coñecer esta orixinal exposición.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Liga de Amigos de O Rosal por la Serra da Arga

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com