22/09/2011

     

    

Rafael Louzán visita A Guarda

 

Visita institucional do presidente da Deputación, Rafael Louzán á Guarda

 

            O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xunto co alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas, o deputado Pablo Baquero, e concelleiros do PP, BNG, PSOE e CG, visitou o pasado martes, 20 de setembro, as rúas Ramón Sobrino e Ordóñez, tralas obras de humanización realizadas nas mesmas con cargo ao Plan de Investimentos do organismo provincial.

            Pouco despois das 20 horas chegaba á Guarda Rafael Louzán, acompañado do deputado tomiñés Pablo Baquero, saudando aos distintos corporativos e persoas que o agardaban no comezo da rúa Ramón Sobrino.

            A comitiva fixo o percorrido a pé pola rúa Ramón sobrino e, cruzando pola de República Dominicana, regresou ao punto de partida pola rúa Ordóñez.

            Posteriormente Rafael Louzán, o deputado Pablo Baquero, o alcalde e os concelleiros dirixíronse ao Club de Remo Robaleira onde foron recibidos pola Xunta Directiva que acompañou aos políticos nun percorrido polas instalacións, tendo a oportunidade, Rafael Louzán, de conversar con algúns remeiros que se atopaban adestrando.

            A directiva do Club de Remo Robaleira trasladoulle ao presidente da Deputación provincial algunhas das necesidades que ten este colectivo. Entre elas, e tendo en conta un preacordo co Centro San Xerome para que usuarios deste centro acudan ao Club de Remo, solicitáronlle axudas para adaptar os baños e eliminar barreiras arquitectónicas; dotar de cámaras as paredes para evitar as humidades e adquirir dous ergómetros. A maiores Rafael Louzán referiuse á necesidade do pintado das instalacións e o tapizado das butacas para evitar o deterioro destes asentos procedentes do antigo Cine Avenida.

            Segundo membros da directiva do Club de Remo Robaleira, Rafael Louzán mostrouse receptivo a estas peticións que considerou asumibles polo ente provincial.

Petición do concello

            Por parte da institución local, José Manuel Domínguez Freitas  prantexoulle algunhas actuacións que precisan da colaboración económica da Deputación. Entre elas, a consolidación dun muro de peche, no Campo de Fútbol Municipal, que perdeu a verticalidade. A mellora da estrada Concepción Arenal desde o entronque coa rúa Canónigo Domínguez Fontela ata a confluencia coa Rúa Galicia, estrada que é de competencia provincial, e para cuxa mellora o concello redactará o proxecto que será presentado ao organismo provincial.

            Outras actuacións teñen que ver coa mellora da imaxe e dos servizos ao monte Santa Trega, como poden ser a eliminación aérea do cableado (electricidade e teléfono), que debe ir soterrado, e dotar de auga e sumidoiros ao Trega. Na actuación do Monte, suxeriu Rafael Louzán que deben implicarse tamén outras administracións con competencias, ademais da propia Deputación e o concello.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

I Serán

da

Gándara

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com