Centos de persoas no xa tradicional magosto socialista
Varios centos de persoas, superando os asistentes de
edicións anteriores, participaron o domingo, 7 de novembro, no xa tradicional
Magosto socialista que leva case trinta anos celebrándose.
Case catrocentos quilos de castañas traídas de Lugo
foron asadas para esta xornada de degustación gratuíta dun produto que, durante
moitos séculos, chegou a ser parte fundamental da dieta dos galegos, ata a
introducción da pataca.
Xunto coas castañas, os que quixeron puideron
degustar viño tinto do país en taza serigrafada para esta conmemoración.
Pouco antes de rematar o magosto sorteuse unha cesta
con variados produtos, sendo o agraciado Finocho Abreu,
de Camposancos.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
