17/02/2011

     

    

Destrozos do mar

  

O mar abre un boquete no Paseo Marítimo

A forza do  mar que bateu con forza os días 15 e 16 de febreiro no porto da Guarda provocou, no primeiro dos días citados, distintos destrozos no Paseo Marítimo, sendo o máis importante o socavón aberto, duns 2 metros de profundidade e aproximadamente sete metros de lonxitude, que deixou ao desuberto as conduccións da rede de sumidoiros.

            Ademais destes deperfectos, o mar levou unha parte do céspede próximo ao parque infantil, a donde arrastrou pequenas pedras, e arrancou un baco así como un chanzo dunha das das escaleiras de pedra que dan acceso ao mar.

            No día de onte non tiñamos constancia de que a Senda Litoral e a Ruta das Cetáreas se visen afectados pola forza do mar.

           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Antorcha lleva sus canciones a la Residencia San Telmo

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com