|
|
Presentación de "Maruxía"
poemario de Koki
Non é a poesía o
xénero que máis atrae aos lectores. Recoñecía poucos días antes da
presentación de “Maruxía” o autor deste poemario, Francisco Álvarez “Koki”:
“A poesía lese menos, pero sempre hai un lectorado para ela, esa é a
esperanza”.
Arredor de medio cento
de persoas acudiron,
o 11 de novembro, ao Centro Cultural da Guarda para asistir a presentación
da reedición, pola Deputación de Pontevedra, de “Maruxía”.
No estrado,
acompañando ao poeta, compartiron mesa o concelleiro de Cultura, Antonio
Lomba Baz, que foi o presentador deste acto; Miguel Pereira, arquiveiro da
Deputación de Pontevedra, e o escritor Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Lomba Baz explicou ao
público a política que, en materia de publicacións, leva a cabo o concello,
unhas veces con edicións propias, repasando algunhas das publicacións
editadas pola institución local, e outras colaborando con autores na
divulgación da obra ou enviando os libros publicados por outros, aos
distintos colectivos e institucións relacionadas coa educación e a cultura.
Miguel Pereira, en
representación da editorial da Deputación, subliñou que “cando se publica un
libro de poemas sinto un especial pracer”, e agradeceu ao poeta o convite a
este acto.
Pola súa banda, Xosé
Mª Álvarez Cáccamo, que comezou lebrando a relación entre o edificio do
Centro Cultural co seu avó, Darío Álvarez Blanco, onde exerceu a medicina no
seu primeiro destino como médico cando o hoxe Centro Cultural era o centro
médico da vila, e recordou tamén as amizades persoais que o vinculan coa
Guarda.
Logo dese preámbulo,
referiuse a “Koki” como un loitador pola lingua “un intenso activista
cultural en Nova Iork, empeñado na defensa do galego”, para criticar,
deseguido, os atrancos que hoxendía atopa a lingua propia na clase política;
unha lingua, engadiu “que está en retroceso, non só porque se pechan xornais
bolingües ou escritos en galego, senón tamén porque na prensa redúcense cada
vez máis os espazos en galego”.
Do libro de “koki”,
dixio que se trata dun poemario poliédrico, con variacións dun mesmo tema: o
mar, e no que se combina unha galería de imaxes e de retratos de persoas.
“Podemos ver tamén no
libro”, continuou Álvarez Cáccamo, “unha tentativa de apreixar, de
interpretar, de comprender as esencias, as claves mesmas do mar. O mar está
interiorizado na vida do poeta. Hai un verso que di: Eres o monólogo de
estar a solas. Unha tentativa de apreixar o ser do mar, a súa infinitude
a través da palabra poética; e unha manifestación, unha expresión do soño,
do desexo, da utopía, da fusión cósmica, case por momentos diría que fusión
erótica do corpo do poeta co corpo do mar. O poeta quixese estar feito coas
mesmas materias do mar”.
O acto de presentación
de “Maruxía” rematou asinando Álvarez “Koki” exemplares de “Maruxía” a
cantos, compartindo esta presentación quixeron ver unha dedicatoria no
exemplar que lles foi entregado.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto
 |
|
Recollendo
o argazo
na Ribeira
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|