27/07/2011

     

    

Día da Mocidade (A Guarda)

 

Mocidactiva: Día da Mocidade 2011

O Centro Cultural da Guarda acolleu o día 24 de xullo o Mocidactiva, nome baixo o cal este ano se celebrou o día da mocidade 2011 que reuniu a centos de persoas para disfrutar das distintas accións organizadas pola OMIX do Concello da Guarda xunta as distintas asociacións implicadas no evento.

As actividades programadas comezaron sobre as 18:30 da tarde con actividades sobre patíns, obradoiros de graffiti e cómic, proxección de curtas, música en vivo e a exposición, venda e información en diversos stands creando un espazo informativo e participativo das distintas asociacións culturais e xuvenís da Guarda.

Os concertos chegaron da man dos grupos locais Xerock, The Winning Numbers e The Pretty Shirts quenes pecharon esta festa dedicada e protagonizada pola mocidade guardesa.

Este acto foi posible grazas a colaboración de: San Xerome Emiliani, Asociación xuvenil Pasiño a pasiño, A Guarda Hockey Liña, Asociación cultural Sopadesobre, Asociación Cultural Friends Music, Gesmain audiovisual e tódolos colaboradores/as e voluntarios/as que axudaron e participaron neste día especial.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

  

A Guarda:

As paisaxes

de Pousa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com