|
|
Un Mar de Mulleres
Exposición “Un mar de
Mulleres” GAC Ría de Vigo-A Guarda na Praza de Abastos da Guarda ata o 3 de
xuño de 2011
Froito do acordo de colaboración de Mercaguarda e Grupo San Benito, a Praza
de Abastos de A Guarda acolle a exposición un Mar de Mulleres . Do 23 de
maio ata o 3 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos
traballos realizados no mar polas mulleres da zona do Grupo de Acción
Costeira Ría de Vigo – A Guarda (GAC 7).
Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a
igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.
Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en
diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata
a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha
publicación e unha exposición fotográfica.
“Un mar de mulleres” é un proxecto de divulgación que tenta
trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas de Ría
de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, ámbito do GAC 7.
Este proxecto quere dar a coñecer os diversos oficios que elas realizan a pé
de mar, dende as cubertas das embarcacións e as rochas percebeiras, ata a
unión nas asociacións e os despachos dirixentes. Dalgunha maneira,
visualizar que cada día avanza nas nosas costas un Mar de Mulleres, que
impulsa a pervivencia e continuidade do sector produtivo mariño.

|
|
Imaxes do
22-M
na Guarda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|