19/12/2011

     

    

Certame "Poesía na Escola" (Tui)

Reportaxe: Beti Rey

   

Pequenos poetas do Baixo Miño recolleron os seus premios o sábado

A poesía no Baixo Miño conta cunha excelente saúde, así quedou demostrado o sábado (17 de decembro) pola mañá nun dos salóns do Liceo Casino de Tui onde tivo lugar a entrega de premios do XIX Certame de Poesía na Escola organizado pola Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño.

O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a Emilia Rosende, presidenta da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño e outros membros deste colectivo.

O rexedor tudense, ao comezo do acto, felicitou aos cativos pola súa participación, e a Emilia Rosende e á Asociación organizadora por todos estes anos de traballo en pro da cultura, e por lograr que as novas xeracións traballen tamén neste ámbito, facendo, sinalaba, un traballo extraordinario. Referiuse tamén ao libro “Poesía para nenos” que Emilia Rosende presentaba o mesmo sábado, no contou co apoio do Concello.

Emilia Rosende pola súa parte agradeceu aos cativos a súa participación ao longo de tantos anos, no que contaron tamén coa implicación dos mestres e do concello. Sobre o libro que presentaba indicou que era “unha débeda que tiña cos nenos e nenas”.

A continuación comezou a entrega de premios, máis de 70, entre os nenos de toda a comarca do Baixo Miño que participaron no certame. Previamente a recoller o premio, consistente nun lote de libros, os cativos deron lectura aos seus poemas dedicados a temas tan variados coma lúa, o Titánic, ás catro estacións, o vente, ao pais, e incluso un neno no seu poema comprometíase a estudar máis e non dar máis desgustos  a súa nai.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Concerto

de Panxoliñas

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com