19/07/2011

     

    

Exposición de Noé Ferreira no Art Café

   

               O domingo, 17 de xullo, inaugurouse na cafetería guardesa Art Café a exposición de pintura denominada Îceputuri, palabra rumana que significa “comezos”, que se pode ver ata o próximo 16 de agosto. Son un total de 7 obras, as primeiras, do guardés Noé Ferreira, de aí o título.

               Autodidáctica, a súa afección pola pintura xa vén de neno pero o “gusaniño” acrecentouse nestes últimos anos, dedicando parte do seu tempo libre á pintura.

 

Sen estilo definido, ofrécenos dende unha paisaxe típica guardesa, ás casas da mariña, coma un autoretrato “pixelado”, pasando por composicións xeométricas, certo aire abstracto e naif, onde o colorido é un dos elementos que máis destaca.

 

A súa firma é unha homenaxe ao seu avó, Bernardo Rodríguez Pacheco, “Nagio”, pois utiliza a marca mariñeira deste, unha frecha horizontal cara á dereita con tres liñas verticais, marca que tamén leva nunha das muñecas.

 

No centro Noé Ferreira xunto con familiares e amigos na cafetería Art Café.

 

Noé Ferreira xunto a súa compañeira Dana e amigos íntimos nun momento da exposición

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

  

Mascareñas e Lareira nas Festas do Carmen (A Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com