27/06/2011

     

    

Noite das alfombras na Guarda

  

 

Temperatura agradable en contraste cos anos precedentes nos que o vento ou a auga foron, xunto coas alfombras florais, protagonistas. A longa noite das alfombras na Guarda, a que vai do sábado ao domingo (25-26 de xuño), volveu reunir a centos de mans anónimas para elaborar as alfombras.

A Policía Local colocara en días pasados os correspondentes carteis pedindo que non se aparcase nas rúas nas que estaba previsto confeccionar estas efímeras obras de arte.

Na tardiña do sábado empezaron xa nas rúas a trazarse os debuxos axudados por plantillas, cordas, xeso e pinturas.

Depois foron miúdos e maiores os que coa paciencia do santo Job perfilaron os debuxos e deseguido enchéronse os espazos delimitados con pétalos, follas de mimosa ou de buxo; palla trillada, sementes de distintas especies vexetais e un longo etcétera.

Na Ribeira seguiuse empregando sal tinguido, ademais de area para realizar un tapiz de tema mariñeiro.

Houbo ilusión infantil nalgunha das alfombras, como o Bob Esponja, da rúa do Medio.

Moi fina, e con tema propio das alfombras clásicas, eran os deseños de dous dos tramos da alfombra de Concepción Arenal.

Espectacular, pola amplitude da praza e as posibilidades que ofrece este espazo, a alfombra da Praza do Reló, no que se reproduciu un timón e as bandeiras de sinais.

 

 Otra forma de ver el reportaje: hacer click en la imagen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Las Samaritanas clausuran el curso de técnicas de relajación

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com