|
Pleno Ordinario de Tui
Reportaxe
Beti Rey
AT, PSOE e BNG
presentan no pleno moción rexeitando ao Mario Conde coma pregoeiro que non
prosperaron

Na quenda de
mocións de urxencia AT, PSOE e BNG presentaron tres mocións distintas
relacionados co nomeamento de Mario Conde coma pregoeiro das festas a
polémica xurdida ao respecto xa que hai persoas a favor e en contra.
Miguel Capón
solicitaba vía moción de urxencia a modificación do Regulamento de Honras e
distincións para que sexa esta comisión quen de agora en diante designe a
persoa que vai dar lectura ao pregón. Manuel Freiría do Partido Socialista
daba lectura a unha moción na que rexeitaban o nomeamento de Mario Conde por
non crer que sexa un exemplo a seguir. Mentres dende o BNG a edil Carme
Verde dicía que a “poboación está divida e exaltada porque nos van obrigar a
ter un pregoeiro destas características pedindo na moción que o goberno
municipal rectifique na medida que lle corresponda.
Ningunha das
mocións foi tratada xa que o Alcalde considerou que non había lugar a súa
urxencia ao non tratarse dun tema plenario xa que segundo explicou a
designación de pregoeiro é competencia do Alcalde.
Sobre o tema
volveuse na quenda de rogos e preguntas onde Manuel Freiría do PSOE rogaba
que se rectificase na decisión de nomear a Mario Conde pregoeiro e que se
busque a outra persoa que sexa un exemplo a seguir. Por contra dende
Tudenses Unidos Independentes, Juan Miguel Diz Guedes, rogaba ao Alcalde que
lle faga chegar a Mario Conde que tanto el coma o seu compañeiro de grupo
alédanse do seu nomeamento coma pregoeiro e de que aceptase esta
designación.



|