02/04/2011

     

    

Tui le, os libros na Praza

Reportaxe Beti Rey

 

Gran éxito da iniciativa “Tui le, os libros na praza”

A totalidade dos centros educativos de Tui, tanto privados coma públicos, de educación primaria e secundaria, participaron onte á mañá na iniciativa “Tui le, os libros na praza” que se desenvolveu dende ás 9.30h na praza de San Fernando.

O obxectivo era promover a lectura ao través do intercambio de libros. Para iso cada escolar levou un libro e recolleu outro dos depositados na Praza formando a palabra “Lemos”.  Os centros escolares foron chegando por quendas cumprindo o calendario previsto, amais de botar unha ollada aos libros, tamén tiveron oportunidade de presenciar as actividades preparadas polos seus compañeiros doutros centros para a ocasión e de dar lectura aos seus propios poemas ou interpretar temas musicais.

Deste xeito a praza de San Fernando foi unha auténtica festa dos libros moi ben acollida tanto polos escolares coma polos profesores, e tamén pola xente da rúa que se achegou a depositar o seu libro e levar outro. Esta é precisamente a condición que se estableceu este ano, para levar un libro hai que deixar outro usado ou vello.

A iniciativa continuou ata ás oito desta tarde, e ás seis actuou o mago Gusi co espectáculo “Nadanamanga”.

A Radio Municipal de Tui estivo facendo radio en directo dende a praza entre ás 10 e ás 12 do mediodía

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Presentación candidato

BNG-TUI

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com