|
|
Plan de explotación de
orurizo
A confraría da Guarda disporá,
diariamente, de 1.600 kilos de ourizos diarios en lonxa

O día 24 de xaneiro
iniciouse a actividade dun novo plan de explotación marisqueira na Confraría de
pescadores da Guarda. Trátase do plan de explotación de ourizo a mergullo no que
participan 4 embarcacións da confraría que porán no mercado unha producción de
800 kg de ourizo de mar ao día. Con esta producción duplícase a oferta de ourizo
de mar na lonxa da Guarda onde xa se comercializaban 800 kg de extracción a pé
do plan de explotación de ourizo a pé da confraría, que está composta por 8
mulleres ouriceiras.

O Plan de explotación de
ourizo que comezou onte, está composto por mariñeiros que pertencen a Confraría
da Guarda, e todos están en posesión da titulación de “Recolector de recursos
especificos con técnicas de Mergullo”, imprescindíbel para poder realizar
actividades a mergullo, xunto co plan de seguridade que ten que estar aprobado
polo Ministerio de Fomento a través das Capitanías.
Asemade, a Consellería do
Mar é a administración que se encarga do control da extracción do ourizo; unha
vez a Confraría presenta o plan de explotación de ourizo a mergullo, a
Consellería aproba o plan de explotación e sae pubricado no DOGA, xunto coas
normas de extraccíon, que maioritariamente son as seguintes:
Ambito do plan: Dente
Punta Orelludas a Punta dos Picos
Modalidade: A mergullo con
suministro de aire dende superficie
Meses de extracción:
Xaneiro, Febreiro, Marzo, Abril, Outubro, Novembro e Decembro 2011
Días máximos de
extracción: 90

Na lonxa xa se viñan
realizando ventas de ourizo dende o ano 2000, data que se comezou co plan de
ourizo de “A Pé”, pero co inicio da actividade das embarcacións, explican desde
a Confraría, podemos considerar que temos unha producción importante de ourizo a
nivel de Galicia, poniéndose á altura doutros puntos de venta, e sendo para os
comercializadores un atractivo dispoñer dunha producción de 1.600 kilos diarios
de ourizo





|
|
Asador Sierra de Madrid (antes Gran Sol)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|