17/01/2011

     

    

Paletada-Laconada de Sanamaro

 

Sanamaro inaugurou os encontros gastronómicos que se prodigan na Guarda durante o ano

 

            Unhas 280 persoas asistiron o sábado, 15 de xaneiro, á Paletada-Laconda de Sanamaro, organizada pola Comunidade de Montes da Camposancos e celebrada nunha dependencia do antigo colexio dos Xesuítas da Pasaxe.

            Este encontro entorno á mesa, que inicia as citas gastronómicas na localidade da Guarda, foi servido, un ano máis, polo restaurante Pizzicata, con Manolo Lea ao fronte, que ofreceu un menú de entrantes variados e, como prato principal, os exquisitos lacón e paleta, acompañados de chourizo, grelos e patacas. Viños, tinto e Branco, auga e refrescos. E como remate outro variado de postres, licores e café. Un dos comensais recorda a tradición de Sanamaro cunha cañota na que se ensartan as rosquillas.

            Á sesión, con música ambiental, e unha harmonía a destacar, contou coa asistencia de familias enteiras que repiten cada ano presenza e, incluso, veñen acompañados con novos membros. Todas las idades estiveron presentes, desde bebés ata Dominga, que con 90 anos, é membro da Xunta Directiva, e que deu unha lección de dinamismo e entusiasmo neste encontro para o que, unha vez máis, o presidente dos comuneiros, Álvaro Martínez, saíu satisfeito polo espíritu de irmandade que se repite anualmente. Álvaro Martínez sinalaba que “grazas a esta celebración moitos camposinos teñen a oportunidade de compartir aínda máis a amizade que lles une, ou xunguiu na mocidade e que agora recuperan”. Os mozos e mozas non faltaron tampouco a esta cita, como tampouco José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda. E alí estiveron tamén Tino Baz e o músico Álex, natural de Cangas.

            Na tardiña, e trala sesión discoteca, foron as pandereteiras de Xamaraina as que puxeron voz a un público entregado.

            Como anécdota mencionamos o cumpreanos do Rubio “cumpro corenta máis dez”, e para quen as fillas levaron as simbólicas velas que suprou con emoción.

            A xornada comezou co pasarrúas da Treboada Camposina, percorrendo o pobo e entrando puntualmente no recinto do colexio. Un equipo da Televisión Galega desprazouse á Pasaxe para recoller a reportaxe e entrevistas dun encontro gastronómico que cumpriu catorce anos.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

100 anos para Obdulia Sobrino González

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com